Nun mes comezará a colleita de kiwi no Salnés con boas expectativas

    kiwi100.jpgSALNÉS> A colleita de kiwi será un 80% superior á do ano 2008 o que pode provocar unha caída dos prezos.

    A empresa Kiwi Atlántico espera recoller unha media de 25 toneladas de kiwi, por hectárea. Si multiplicamos este dato polas 200 hectáreas de plantacións adscritas a Kiwi Atlántico no Salnés, temos unha producción total que podería chegar ás 5.000 toneladas.

    O rendemento por hectárea será superior ó doutros anos. Sen embargo o calibre será menor. Esto unido á un excedente de producción podería baixar os prezos do producto. Ó final o resultado económico non distará moito do que se rexistrou no ano 2008, cunha colleita menos abundante pero de mellor calidade.

    Os productores deben esperar un mes ata que os froitos acaden o nivel de azucre recomendado para a recolección. Nestas semanas deberán ter especial coidado para evitar os roubos de froito que se deron o ano pasado nas plantacións abertas. Algúns productores están estudiando a posibilidade de contratar vixilancia privada, nos días previos á colleita.

    NOVO REFRACTÓMETRO

    Un dato para os productores. A empresa Kiwi Atlántico vai adquirir un novo aparello co que se poderá medir o nivel de azucre e a materia seca do froito, sen ter que estragar o producto. Poderán ver o novo refractómetro, nas vindeiras semanas, no programa Agronatura de Canal Rías Baixas.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/151009_kiwi.flv{/flowplayer}