A POBRA> A Pobra despedirá o entroido co enterro do Felipiño do Maño, unha tradición recuperada polos veciños da zona dende hai oito anos. Será o sábado 25 de febreiro con saída ás sete da tarde dende o campo do Maño para percorrer as principais rúas da Pobra.
Os veciños do Maño volverán saír en cortexo fúnebre o sábado día 25 para despedir o entroido co enterro do Felipiño. A partir das sete da tarde percorrerán as rúas da vila acompañados da charanga RqR e o grupo tradicional Trécola. Pasada a medianoite terá lugar a queima do Felipiño ó carón da praia dos Areos.
O concello colabora con este evento recuperado pola veciñanza hai oito anos co fin de que non se perdan as tradicións.