PONTEVEDRA> A Bienal 2010 dedicarase a Centroamérica e ó Caribe e ó seu diálogo artístico, cultural e social con Galicia.
{flowplayer}images/salnes/bienal.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> A Bienal de Pontevedra do ano 2010 dedicarase ós países centroamericanos e do Caribe e ó diálogo artístico, cultural e social entre eles e Galicia. Precisamente esta nova etapa da Bienal terá como responsable único e novo comisario a Santiago Olmo, un reputado especialista de arte en temas centroamericanos.
A Bienal centralizarase no novo edificio do Museo de Pontevedra, pero tamén se desprazará algunhas manifestacións á Estación Marítima de Vigo e á zona portuaria de Vilagarcía. No Novo Museo de Pontevedra haberá mostras, mesas redondas, conferencias, un ciclo de cine e outras actividades formativas e lúdicas. Vilagarcía acollerá unha montaxe dun artista portorriqueño, un centro de documentación, unha intervención musical e outras expresións artísticas. Mentres que en Vigo estará a parte da Bienal dedicada ás Migracións.
Redacción Salnés