Un incendio causa importantes danos materiais no pub ‘La Sal’ de Boiro

    BOIRO > Este xoves pola mañá rexistrouse un incendio nun local hostaleiro de Boiro que, afortunadamento non ocasionou danos maiores. O lume orixinouse na caixa rexistradora do establecemento e extendeuse por parte do mobiliario. A pesar da aparatosidade do suceso, debido á gran cantidade de fume, non houbo que lamentar danos persoais nin resultaron afectadas as viendas contiguas.

    Ó redor das once e vinte da mañá deste xoves, o Parque de Bombeiros de Boiro recibiu a alerta dun incendio no pub ‘La Sal’ situado na Rúa Principal de Boiro. Efectivos do corpo desprazáronse ata o inmoble e forzaron a porta metálica do local para poder acceder ó interior do local e sofoca-lo lume. Grazas á rápida intervención dos bombeiros, o lume non se propagou demasiado a pesar da importante cantidade de fume que provocou.

    Afortunadamente, o lume non se estendeu ás vivendas colindantes rexistrándose unicamente os danos materiais no interior do local. Polo momento, á espera da investigación que determine as causas do accidente, todo parece indicar que o lume se iniciou na caixa rexistradora propagándose a continuación a outros elementos situados no interior do establecemento.

    Redacción Barbanza