![]()
PONTEVEDRA> A Consellería de Sanidade e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá un convenio de colaboración destinado á realización de…
{flowplayer}images/salnes/161009_pilar_farjas_1.flv{/flowplayer}
… charlas informativas sobre a gripe A en varios Concellos da Provincia. Nestas sesións profesionais médicos designados pola Consellería de Sanidade informarán a poboación sobre a definición da Gripe A, como se contaxia o virus a H1N1, cales son os seus síntomas, en que período se pode contaxiar e cales son os grupos de risco. O encargado de sufragar os 6.000 euros de custe do desenvolvemento deste proxecto será o ente provincial. Precisamente foi esta sede, a da Deputación, onde se celebrou o primeiro destes relatorios.
A encargada de dar esta poñencia inicial ós funcionario foi a propia Conselleira, Pilar Farjas, quen destacou que a gripe A ten os mesmos síntomas que calquera outra gripe e que a meirande parte dos casos son leves. Para previlo seu contaxio cómpre: lavar as mans frecuentemente, tapar a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar, quedar na casa se se ten gripe, observar a súa evolución, e informarse a través do sistema sanitario.
Unha vez que a persoa xa está infectada pola pandemia, os coidados son os mesmos que os da gripe estacional: hidratación, repouso e antitérmicos.
As próximas charlas que terán lugar nas comarcas das Rías Baixas serán o día 21 de outubro: no centro social de Barrantes;en Ribadumia ás oito da tarde; e ás sete no salón de Actos da Illa de Arousa. En Barro terá lugar ó día 26 ás seis da tarde no salón de sesións do Concello; Xa en novembro; Meis acollerá esta actividade o día 5, Portas e Valga o día 11; O Grove o 12 e Pontecesures o 16.
Redacción Salnés









