Medio Rural inviste 150.000 euros para rematar a parcelaria de Vilariño

    vilarino100.jpgCAMBADOS> A Consellería de Medio Rural prevé rematar xa o vindeiro ano as obras da parcelaria de Vilariño, en Cambados.

    Para iso a Xunta investiu 150 mil euros, que permitirán finalizar os traballos de asfaltado, abrir novas vías e mellorar os accesos.

    A Xunta estima que ó longo de 2010 xa se poderán entregar as parcelas da concentración parcelaria de Vilariño. Segundo o Concello, as obras están moi avanzadas, polo que, acelerando os trámites pendentes, os propietarios axiña poderán dispor dos seus terreos para cultivar.

    O Goberno local lembra que a concentración parcelaria de Vilariño foi decretada a finais de 1998 e que ó ano seguinte se fixo o levantamento topográfico, para xa no 2000 aprobarse inicialmente as bases. No 2002 fíxose o estudo de impacto ambiental, un ano despois aprobáronse as bases definitivas e no 2004 contratouse a rede principal de camiños, cun investimento de 450 mil euros. Segundo o Concello o proceso sufriu catro anos de ralentí durante a Xunta do bipartito. O asfaltado do camiño principal demorouse ata 2006 e en 2007 contratouse a apertura de novos camiños secundarios.

    En Vilariño a concentración parcelaria afecta a máis de 630 mil metros cadrados de superficie. Das máis de 1.200 parcelas iniciais, quedarán 501, en mans de 325 propietarios. O Concello asumirá a titularidade da rede de camiños unha vez rematadas as obras.

    Redacción Salnés