Ruíz: ‘De seguir así non sería descartable un novo peche perimetral’

RIBEIRA> No Barbanza preocupa a situación de Ribeira que nas últimas xornadas vén experimentando unha suba significativa no número de contaxios. Hoxe conta con 43 casos activos, seis máis ca na xornada anterior. Despois de Pobra, en nivel máximo de restricións, é o municipio da zona que ten máis positivos.

O alcalde, Manuel Ruíz, volve a facer unha chamada de atención á veciñanza e pídelles tomar maiores precaucións e evitar os contactos. Segundo el, de seguir así, con este ritmo de incremento de casos non sería descartable que se chegara a un peche perimetral do Concello e tamén de toda a comarca.