![]()
PONTEVEDRA> A súa foi a única candidatura presentada e no seu equipo contará con dúas figuras claves do partido: Xosé Crespo e José Manuel Figueroa.
{flowplayer}images/salnes/191009_candidatura_louzan.flv{/flowplayer}
Rafael Louzán seguirá liderando o PP Pontevedrés ata o 2012. Á falta de que se celebre o Congreso Provincial do partido o vindeiro mes, o feito de que a súa fora a única candidatura presentada á presidencia provincial do partido, apunta a súa continuidade no cargo outros tres anos máis. Pero na práctica, o procedemento electoral debe seguir o seu curso, e agora, Louzán prepárase para un mes de intensa campaña polos 62 municipios da provincia. O seu obxectivo: buscar o respaldo da militancia municipal para conformar unha base sólida ó partido que lle permita recuperar as alcaldías perdidas nos vindeiros comicios do 2011.
Flanqueando a Louzán na dirección do partido estarán outras dúas figuras claves do PP Provincial: Xosé Crespo, alcalde de Lalín, e José Manuel Figueroa, actual vicepresidente da formación. Pero xunto á experiencia dos veteranos, os populares aspiran a conformar un equipo no que tamén teñan cabida caras novas.
A pesar de levar xa nove anos no cargo, Louzán asegura que enfronta a súa candidatura coa mesma ilusión que nos seus comezos. Para os seus compañeiros de equipo, o feito de que só se presentara unha candidatura amosa demostra a confianza que o partido ten depositada en Rafael Louzán.
A elección do presidente dos populares pontevedreses terá lugar o vindeiro 28 de novembro durante o Congreso Provincial. Será no Pazo da Cultura, e está previsto que asistan preto de 1000 compromisarios e 400 convidados.
Redacción Salnés








