CxG de Outes demanda a ampliación do Punto de Atención á Infancia

    OUTES> Segundo os membros desta formación política nin o horario nin o persoal do que dispón esta instalación municipal cumpre as necesidades de moitas familias do municipio. Cun máximo de prazas de vinte rapaces, cuxo horario de atención non pode exceder das quince horas semanais, e con tan só dúas coidadoras, o servizo que presta o Punto de Atención á Infancia de Outes presenta para os membros de CxG importantes carencias. Segundo eles existen moitas familias que se vén obrigados a enviar ós seus fillos a garderías privadas ó non dispor de praza no PAI. Por esta razón solicítanlle ó equipo de goberno a realización das xestións oportunas para dotar ó municipio dun servizo axeitado, acorde ás necesidades existentes, estudando a posibilidade da súa reconversión en gardería municipal.