![]()
VILAGARCÍA> A responsable do Comité español da ONU para os refuxiados palestinos, Carmen Quintana, visitou Vilagarcía para explicar o desenvolvemento dos proxectos cofinanciados polo concello arousán en Gaza.
{flowplayer}images/salnes/REFUXIADOS_PALESTINOS.flv{/flowplayer}
Vilagarcía volve a colaborar con proxectos de solidariedade a través do Fondo Galego de Cooperación. Os refuxiados palestinos en oriente próximo son os agraciados dos 6.000 euros destinados polo Concello, no proxecto Axuda de Emerxencia a través da UNRWA, Axencia da ONU para refuxiados.
A UNRWA proporciona educación, saúde, servizos sociais e axuda de emerxencia a más de 4,6 millóns de refuxiados Palestinos, que viven na franxa de Gaza, Cisxordania, Xordania, Líbano e a República Árabe de Siria. A responsable do Comité da ONU, Carmen Quintana, afirmou que dende esta axencia estase a traballar para que os palestinos teñan garantías socias e sanitarias durante o bloqueo e despois da operación militar israelí, Plomo Fundido.
Quintana declarou que o impacto humanitario na zona é de enorme dramatismo e que non existe unha viabilidade da Franxa nun medio prazo. Por iso agradeceu a axuda que dende os concellos de Vilagarcía, A Coruña e Ferrol, están a recibir para aliviar a situación de extrema pobreza dos refuxiados.
Redacción Salnés










