VILAGARCIA> Vilagarcía presenta a V edición de Folk no Alobre. O festival que mestura música tradicional galega coa posta en valor do Castro Alobre vilagarcián. O evento estará composto por tres concertos e dous obradoiros.
Vilagarcía pechará as festas de San Roque coa celebración de Folk no Alobre. O festival celebra a súa quinta edición adaptado, ao igual que o ano pasado, ás restricións sanitarias. O evento musical mestura a música tradicional coa posta en valor do Castro Alobre de Vilagarcía.
O festival estará composto por dous obradoiros e tres actuacións musicais. Os obradoiros terá lugar pola mañá. Un será de iniciación á pandeireta e o outro de regueifa, o canto improvisado tradicional galego, encabezado por A Ravela.
Os concertos comezarán con Bouba Pandereteiras, Clara Pino e Pablo Vidal coa súa banda e pecharase coa visita guiada ao Castro Alobre e o concerto de peche.
O evento terá lugar o domingo 22 de agosto. Os obradoiros requiren de inscrición previa a través do correo electrónico pesdebarro@gmail.com. Os concertos tamén terá unha ocupación limitada segundo a orde de chegada.