Un Seminario de Cultura Emprendedora ensina cómo crear unha empresa

    CALDAS DE REIS > O Colexio San Fermín da Caldas de Reis desenvolveu un Seminario de Cultura Emprendedora organizado pola Asociación de Empresarios Vales Ulla-Umia e BIC Galicia e dirixido ós alumnos de ciclo medio. O obxectivo desta xornada foi  potenciar e fomentar entre os máis novos a creación de empresas nun futuro.

    Os mozos de ciclo medio e formación profesional do Colexio San Fermín de Caldas de Reis aprenderon esta mañá os conceptos básicos para crear unha empresa. Como complemento da charla contaron coa intervención dun xoven empresario  Simón Barreiro,  quén lles contou a súa experiencia laboral nos últimos anos.

    Aínda que a súa primeira experiencia como emprendedor non foi adiante, a creación dunha empresa pode ser unha opción laboral con moito futuro, se contan con boas ideas. Durante tres horas os rapaces tiveron unha boa oportunidade para coñecer máis a fondo o mundo das iniciativas empresariais.

    Redacción Salnés