Vilagarcía pon en marcha un curso de Atención Sociosanitaria

    atencion_sociosanitaria_copia100.jpgVILAGARCÍA> A iniciativa pretende facilitar a formación cualificada nun nicho de emprego moi demandado, dende a entrada en vigor da Lei de Dependencia

     {flowplayer}images/salnes/ATENCION_SOCIOSANITARIA.flv{/flowplayer}

    O curso ten unha gran acollida. As quince prazas ofertadas para a formación de persoal cualificado na atención de persoas dependentes, cubríronse ó pouco de abrirse o prazo de inscrición. Ana Lorenzo, Concelleira de Igualdade e Benestar, afirmou que esta é unha gran oportunidade porque estase a falar dunha rama de emprego con moitas expectativas dende a entrada en vigor da Lei de Dependencia.

     O curso consta de tres completos módulos nos cales os alumnos recibirán a formación teórica e práctica necesaria para poder obter o título oficial de cualificación que concede a Xunta de Galicia.

     A empresa Clece, a concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar de Vilagarcía, será a encargada de re impartir esta acción formativa a través de 7 profesionais: 2 diplomados en enfermería, dous educadores sociais, un traballador social, un psicólogo e un terapeuta ocupacional. O primeiro módulo, Hixiene e atención sanitaria domiciliaria, consta de 230 horas entre teoría e práctica. Esta realzarase en centros de día, empresas do sector e centros e residencias de maiores.

     Redacción Salnés