Catro mulleres collen os mandos da Romería de San Roque

    VILAGARCÍA> A festa, das máis tradicionais de Carril, celébrase esta fin de semana.

    {flowplayer}images/salnes/PreviaSanRoque_090812.flv{/flowplayer}

    Carril vivirá esta fin de semana a súa tradicional Romería de San Roque grazas a catro mulleres que se decidiron a coller os mandos da organización da festa toda vez que a anterior comisión quixo deixalo.

    Os eventos comezarán o sábado aínda que o día grande será o domingo. A primeira xornada subirase ó santo á capela ás 20:45 e contarán coa participación de Airiños do Carril. O domingo arrancará coa tirada de fogos de artificio e a misa polos cofrades falecidos ás 09:00. Airiños e a Banda Municipal realizarán o pasarrúas .Ás 12 será turno da celebración relixiosa principal para posteriormente saír en procesión que dará paso ás poxas e ó sorteo dun carneiro. 

    Para a comida campestre os participante poden levar o seu propio menú ou ben optar polos pratos que alí se ofertan, polbo, churrasco ou empanada. Xa pola tarde será o turno dos xogos populares, a baixada do santo ás 21:45 e a actuación da Rondalla Gato Negro na Praza da Liberdade.

    Redacción Salnés