Ana Granja comeza a precampaña electoral baixo o lema ‘Con Vilagarcía, con cercanía, contigo’

VILAGARCIA> Con Vilagarcía, con cercanía, contigo. Con este lema o Partido Popular da vila buscará optar a alcaldía. O equipo liderado por Ana Granja presenta a súa candidatura co obxectivo de potenciar a vila e facela máis próxima para a veciñanza. Tamén presentou as súas dúas primeiras propostas: a creación da concellería do rural e a un punto de escoita ao cidadán.

O Partido Popular de Vilagarcía comeza a dar o seus primeiros pasos de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. O equipo liderado por Ana Granja presentou esta mañá o seu lema: Con Vilagarcía, con cercanía, contigo.

A formación de Ana Granja quere formar un goberno próximo, capaz de achegarse aos cidadáns e escoitalos, e non só aos do centro se non aos de todas as parroquias. Por iso presenta como primeira propostas a creación da concellería do rural.

A outra proposta da formación é a creación dun punto de escoita ao cidadán. Onde os veciños podan achegarse para informar do seus problemas pero tamén onde poder consultar de forma online ou telefónica calquera situación de interese da vila.

A candidata móstrase moi ilusionada co seu proxecto. Tamén anuncio que en breves desvelará máis propostas así como o resto de compañeiros que formarán parte do seu proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí