Un ‘contratempo xeolóxico’ provoca un novo retraso no proxecto do cuartel de Cambados

CAMBADOS> Novo retraso nas obras do cuartel de Cambados. Un problema xeolóxico obriga a modifica-lo proxecto. O problema débesa á presenza dunhas rochas que non se contemplaban no estudo inicial e que impiden face-las cimentacións tal e como estaban previstas. O concello non agocha a súa molesta con este novo contratempo.

Algo se fixo mal dende o punto de vista técnico no proxecto do novo cuartel de Cambados. É o que opina o concello, que non agocha o seu maletar por un novo contratempo que retrasará aínda máis o remate destes traballos. O problema co que deron agora son rochas, que non figuraban nos estudos xeolóxicos e que impiden face-las cimentacións tal e como estaban previstas.

Eses traballos xa están encargados a unha empresa de enxeñería, cunha previsión de que o novo estudo estea rematado neste mes de xaneiro. Nas últimas horas, o Delegado do Goberno en Galicia traslaoulle ao alcalde todas estas novidades, nun encontro celebrado na vila.

Con todo, Samuel Lago convida tamén á reflexión sobre o traballo feito ata o de agora neses terreos. Cre que as cousas non se fixeron ben de todo para atoparse agora con este contratempo.

O proxecto do cuartel de Cambados, executado polo Ministerio do Interior, terá un custo duns 9 millóns de euros, 3 máis do previsto inicialmente.