Zona Aberta propón neste mes descontos de ata o 20 %

    VILAGARCIA> Zona Aberta pon de novo en marcha unha campaña de promoción de vendas; desta volta antes de Nadal.

    {flowplayer}images/salnes/outono_zona_aberta.flv{/flowplayer}

    Desde onte e ata o vindeiro día 20 deste mes, os establecementos adheridos aplicarán ós seus clientes prezos rebaixados entre un 5 e un 20 %; todo co fin de dinamizar as vendas neste mes, que é un dos peores en vendas do ano para os comerciantes vilagarciáns. Estes descontos serán inmediatos no prezo de venda, segundo o artigo ou o comercio do que se trata ata un máximo do 20% para non desvirtuar a próxima campaña de Nadal.

    Nesta última promoción de Zona Aberta participan o 75 % dos establecementos comercias adheridos a esta asociación. Por outra banda, os socios desta asociación comercial vilagarciá están a asistir a uns cursiños formativos sobre escaparatismo, envoltorios de agasallos e packaging e demais técnicas de animación comercial estacional. Estes cursos están sendo impartidos por dúas empresas de Madrid e están sendo sufragados pola Deputación de Pontevedra.

    Os comerciantes da Provincia poden asistir de balde por medio das distintas asociacións comerciais. Neles garanten unha aprendizaxe teórica e práctica aplicable en calquera tenda desde o primeiro día.

    Redacción Salnés