As campañas de Valoriza comezan a ter efecto na reciclaxe de Cambados

 

CAMBADOS> As campañas de Valoriza en Cambados comezan a dar resultado nas cifras de reciclaxe. O concello detecta como cada vez hai máis lixo nos composteiros. O traballo de concienciación medio ambiental comeza a dar efecto entre os máis pequenos. De feito a campaña chegou este martes ao colexio de Corvillón e moitos nenos aseguraron que xa a coñecían.

A empresa Valoriza e os concellos de Cambados, Vilanova e Meis continúan coa súa campaña de concienciación para ensinar aos máis pequenos a importancia da reciclaxe. A campaña chegou este martes ao colexio de Corvillón en Cambados, onde todo o centro asistiu ás clases teóricas e prácticas.

A campaña xa comeza a dar resultados, aínda que o concello non o pode medir aínda nos contenderes  do lixo, si que xa nota a melloría nos composteiros.

A campaña está tendo efecto e os nenos e nenas corren a voz polos concellos.

No caso de Cambados, só queda pendente o colexio de Magariños, posteriormente comezarase cos centros de secundaria. As actividades modificaranse para facelas máis atractivas e interesantes para os adolescentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí