O Secretario Xeral do PSOE de Ribeira presenta a súa dimisión irrevocable

    demisionjuanperez_100_201009.jpgRIBEIRA> A decisión puido vir provocada por un desencontro con membros do propio partido durante unha asemblea celebrada este sábado.

    {flowplayer}barbanza/demisionjuanperez.flv{/flowplayer}

    As imaxes que están a ver corresponden a hai varias semanas, nunha das últimas intervencións de Juan Manuel Pérez como Secretario Xeral do Partido Socialista en Ribeira. Acompañábano ese día o deputado Xosé Manuel Lage e varios membros do partido. Reclamaban a construción dun novo mercado municipal. Daquela todo parecía normal na familia socialista de Ribeira, que despois dalgún tempo vivía unha certa calma, lonxe de liortas internas, que agora parecen de novo aflorar.

    Desencontro

    A decisión de presentar a súa demisión de xeito irrevocable como Secretario Xeral do PSOE ribeirés veu provocada tra-la asemblea do pasado sábado, celebrada para elixir ós delegados que acudirían ó próximo congreso provincial do partido. Ó parecer nesa reunión presentáronse dúas listas, unha encabezada polo propio Juan Manuel Pérez e que apoiaba á candidatura de Xosé Manuel Lage e outra lideada por Xosé Sampedro, que respaldaba a candidatura de Salvador Fernández Moreda á secretaría provincial do partido. O resultado da votación, favorable a esta última lista por escasa diferencia, parece se-la clave da súa renuncia.

    Comunicado público

    Nada máis ter coñecemento da nova, esta redacción púxose en contacto con Juan Manuel Pérez, que confirmou a súa renuncia, aínda qe non quixo facer ningún tipo de valoración, limitándose a anunciar que nos próximos días emitirá un comunicado no que dará a coñece-las posibles causas da súa marcha. O que si parece claro é que a situación do partido a nivel local volve a estar en entredito, a menos de dous anos para a celebración dunhas novas eleccións municipais. A formación deberá agora elixir unha nova executiva que se fará cargo do partido.

    Redacción Barbanza