Búscase o rostro que publicite a compra nas prazas municipais

    casting_prazas_100_201009.jpgSALNÉS> A campaña de promoción así como os castings realizaranse nos mercados de Portonovo, Sanxenxo, O Grove, Moaña, Caldas, A Pobra do Caramiñal, Bueu e Cangas.

    Atención ós praceiros de Portonovo, Sanxenxo, O Grove, Moaña, Caldas, A Pobra do Caramiñal, Bueu e Cangas. Se algún de vostedes quixo algunha vez ser a imaxe dunha campaña publicitaria, este é o seu momento. Estes oito mercados van a poñer en marcha unha iniciativa promocional para captar a atención dos consumidores e animalos a que merquen nas prazas municipais. Levará por nome “Traballamos para ti” e como principal vantaxe destacarán o trato próximo dos vendedores e a confianza que ofrecen os seus consellos. De aí que os encargados da campaña busquen o rostro dun destes praceiros que suxira esa profesionalidade e experiencia. Os castings terán lugar en oito mercados do Salnés, Barbanza e O Morrazo entre o 2 e o 6 de novembro. Para participar o único requisito que deben cumprir é posuír un posto no mercado. Os interesados poderán inscribirse na mesma praza desde hoxe ata o 31 deste mes.

    Redacción Salnés