Malestar en Taragoña ante o cambios na sinalización viaria

    liacontinua100.jpgRIANXO> O repintado das marcas viarias na estrada AC-305, ó seu paso  por Taragoña, está a supoñer prexuízos para veciños e negocios da zona.

    {flowplayer}barbanza/denunciastraficotaragona.flv{/flowplayer}

    Hai máis dun mes que a Xunta volveu a pintar a sinalización da estrada para adaptala ás novas normativas de seguridade viaria. Sen embargo, a implantación de liña continua ó longo dun bo treito sen permitir a entrada e saída a negocios e garaxes supón un prexuízo para os seus usuarios.

    Multas

    Os que se decantan por ignora-la sinalización arríscanse a ser multados. De feito, nos últimos días xa se impuxeron sancións o que, segundo os propietarios dos negocios alí emprazados, pode acabar por disuadir ós seus potenciais clientes.

    Varios veciños e mesmo a policía local de Rianxo xa teñen solicitado á Xunta que se repoñan as anteriores marcas viarias. De momento non recibiron contestación .

    Redacción Barbanza