A comunidade educativa do CEIP de Palmeira en contra da supresión de aulas de infantil

RIBEIRA> A comunidade educativa do CEIP de Palmeira celebrou unha concentración en sinal de protesta contra a decisión de Educación de suprimir dúas aulas de infantil neste colexio para o vindeiro curso. A dirección do centro, como tamén  a ANPA, entenden que esta medida implicaría clases masivas e unha atención deficitaria para o alumnado deste ciclo.

Ó redor dun cento de pais, xunto co persoal docente, concentrouse esta mañá nun dos patios do colexio, para protestar contra a decisión de Educación de suprimir dúas aulas de educación infantil para o vindeiro curso.

Dende a ANPA do centro e tamén da dirección entenden que a medida supón un novo recorte, ó verse reducido de cinco a tres o número de aulas, o que conlevará a unha masificación do alumnado, que non están dispostos a consentir.

Tanto a ANPA como a dirección do centro confían nun cambio de postura da Consellería. Polo de agora xa pediron unha reunión con representantes do goberno municipal na busca de apoios na súa loita e están á espera de manter unha xuntanza co Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana.

De non obter unha resposta favorable non descartan emprender outro tipo de medidas de protesta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí