A ronda urbana entre as estradas 550 e 531 podería estar executada no 2015

    lores_mati_100_201009.jpgPONTEVEDRA> Así o adiantou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tras reunirse co alcalde da cidade.

    {flowplayer}images/salnes/211009_AGUSTIN_HERNANDEZ_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    A visita a Pontevedra do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, comezaba esta mañá cunha entrevista cos voceiros municipais para dar paso a unha reunión de traballo co alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores. Á saída, ámbolos dous políticos valoraron positivamente o encontro e os compromisos acadados, entre eles, axilizar as obras da ronda urbana entre a estrada 550 de Salcedo e a 531 en Alba. A consellería encargarase de elaborar o proxecto, expropiar os terreos e licitar a obra. Se o concello acorda en breve o trazado da vía, as obras poderían estar executadas no 2015.

    Ademais da ronda, Agustín Hernández comprometeuse a impulsar outras infraestruturas viarias de Pontevedra, como a circunvalación de Marín ou a variante do Vao, dende o nó do polígono ata Poio. O alcalde pontevedrés aproveitou tamén para expoñerlle ó conselleiro a necesidade de mellorar a estación de autobuses, ó fío do proxecto no que está a traballar o concello para dotar dun acceso directo a este lugar desde o nó do Pino. Ata aquí houbo consenso. O pero chegou á hora de tratar o proxecto da estrada 531.

    Despois de ter criticado onte os orzamentos da Xunta para o 2010, Fernández Lores amosouse hoxe máis ponderado, cando menos na partida que compromete á consellería de Agustín Hernández. Iso si, non deixou escapar que moitas das obras das que falaron na xuntanza non teñen unha partida específica neses presupostos.

    Hernández tamén prometeu impulsar o saneamento do rural pontevedrés mediante a firma dun convenio co concello no primeiro semestre do ano que vén. O acordo incluirá unha partida de 10 millóns de euros para realizar as obras, dos que a Xunta proporcionará sete e as arcas municipais tres. Por último, Agustín Hernández insistiu na vontade da Xunta de alonxar da ría á empresa de celulosa Ence.

    Redacción Salnés