Os orzamentos da Xunta suben un 5 % no Salnés

    orzamentos_100.jpgVILAGARCÍA> As deputadas do Partido Popular, Marta Rodríguez Arias e Rosa Oubiña Solla ofreceron hoxe unha rolda de prensa conxunta na que…

    {flowplayer}images/salnes/211009_orzamentos_salnes.flv{/flowplayer}

    … valoraron os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano. As populares salientaron que, en contra da opinión dos socialistas, o goberno autonómico fai unha forte aposta por esta comarca ó investir arredor de 34 millóns de euros no Salnés; o que supón un aumento do cinco por cento respecto ós orzamentos do ano anterior. A esto hai que engadir unha específica para a autovía que unirá Pontevedra con Vilagarcía.

    Estas deputadas do PP salientaron que estes serán os orzamentos do gasto social e de recuperación económica de Galicia; nunha anualidade na que tamén deberán solventar a débeda herdada do goberno bipartito anterior. Pese a todo, os populares aseguran que non subirán os impostos e manterán o nivel de transferencias ós concellos.

    Na comarca do Salnés, o executivo autonómico priorizará as actuacións en infraestructuras e saneamento; así como as actividades marítimas.

    No tocante á sanidade, Marta Rodríguez aclarou que a Consellería de Sanidade está traballando no plan director do Hospital do Salnés para valorar as posibles actuacións que se acometerán neste centro. Unhas obras que asegurou que non ían a sufrir paralizacións nin atrasos respecto ó previsto.

    Redacción Salnés