Vilanova prepara un centro de día e novas prazas para a escola municipal

    secretaria_familia_vilanova_copia100.jpgVILANOVA> A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López, visitou o Concello de Vilanova, acompañada de técnicos para estudala remodelación da escola municipal.

     {flowplayer}images/salnes/SECRETARIA_FAMILIA_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Trala visita da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o pasado mes de xullo, a secretaria xeral de familia acudiu a Vilanova para atender as peticións do concello. O alcalde, Gonzalo Durán, presentou ós proxectos da ampliación da escola infantil e a creación dun centro de día para maiores que, probablemente, situarase na residencia Valle Inclán.

    Susana López afirmou que dende a reunión coa Conselleira, está aberta unha vía de comunicación directa entre o concello e a consellería. En canto a ampliación da gardería, que aportaría 60 novas prazas, López declarou que é necesario todo o apoio para poder conciliala vida familiar e laboral.

    A secretaria xeral, engadiu que espera que o centro de día sexa unha realidade canto antes. Ademais deu as grazas a Durán pola gran política social que leva a cabo o concello, especialmente na atención á dependencia, ó que se destina más de 78.000 euros.

    Redacción Salnés