O BNG demanda máis docentes e a creación dun fondo extraordinario para bolsas educativas

NOIA> O BNG propón a creación dunhas bolsas extraordinarias para que as familias poidan afrontar os gastos de volta ás clases neste contexto de crise. así o a anunciou a portavoz nacional, Ana Pontón, na súa visita a Noia onde tamén demandou á Xunta contratación de mil mestres máis para este curso.

Ás portas do IES Virxe do Mar de Noia que iniciará o curso con tres profesores menos, a portavoz nacioanl do BNG denunciou os recortes que sufriu o sistema de educación pública con 700 mestres menos que o curso pasado. Por esta razón, os nacionalistas demandan á Xunta a contratación de mil docentes máis para garantir a calidade educativa en tódolos cursos.

Ana Pontón propón ademais a creación dun fondo dotado inicialmente con 25 millóns de euros para bolsas educativas destinadas ás rendas per cápita inferiores a 12 mil euros.

Os nacionalistas insisten ademais na necesidade de que tanto os libros de texto como o material escolar sexan gratuítos durante a etapa de ensino obrigatorio

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí