Lage Tuñas critica á Xunta por esquecer á Barbanza nos Orzamentos

    psoeorzamentos_100_21102009.jpgBARBANZA> O deputado socialista bota en falta o macropolígono industrial, a circunvalación de Ribeira ou a remodelación da fachada marítima de Noia.

    Xosé Manuel Lage valorou negativamente os orzamentos da Xunta para o ano que vén destinados á comarca do Barbanza. Así sinalou a falla total de inversións en solo industrial, aludindo claramente ós proxectos do macropolígono industrial do Barbanza, para o que segundo el non hai un só euro contemplado, ou o do polígono industrial de Porto do Son.

    {flowplayer}/barbanza/psoeorzamentos.flv{/flowplayer}

    En canto ás infraestruturas viarias o deputado socialista sinala que o goberno de Núñez Feijoo segue unha liña continuista, coa ausencia de proxectos importantes como a conexión Boiro-Noia, as circunvalacións de Ribeira e Muros ou a mellora dos viais de Porto do Son.

    Segundo el tamén se esquecen estes orzamentos da Xunta dos proxectos de remodelación da fachada marítima de Noia, producíndose ademais un claro recorte nas políticas sociais, e non se ofrece tampouco ningunha medida de apoio económico ás pequenas e medianas empresas castigadas pola crise económica que estamos a padecer.

    Redacción Barbanza