Os traballadores de residencias privadas esixen un convenio digno

    convenio_residencias_copia100.jpgVILANOVA> As protestas continuarán por tódolos centros da comarca e do resto de Galicia ata conseguir dialogar coa patronal.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_RESIDENCIAS.flv{/flowplayer} 

    Baixo a chuvia protestaron máis dunha vintena de traballadores de residencias privadas para conseguir un convenio digno que se axuste á importancia do seu traballo e conservado os dereitos fundamentais. Trala ruptura das negociacións o pasado mes de setembro, os sindicatos maniféstanse para criticar as posicións da patronal e os supostos intentos de recortalos cativos dereitos.

    Dende os sindicatos pídese un incremento salarial dun 5% por cada un dos anos de vixencia do convenio, neste caso dous. Desta forma, o salario pasaría dos 800 euros brutos ata os mil. Preto de 5.000 traballadores en toda Galicia encóntranse á espera dun novo convenio.

    Sen embargo, os empregados denuncian que a patronal escúdase na crise económica para non escoitar as súas reivindicacións. Ata o momento, a patronal non se puxo en contacto cos sindicatos para restablecer o diálogo. Por iso, non descartan novas mobilizacións.

    A primeira concentración produciuse o pasado mes de outubro en Compostela e nela participaron unhas 200 persoas.

    Redacción Salnés