RIBEIRA> O BNG do Barbanza súmase á campaña a nivel autonómico en contra da suba das peaxes, concretamente na AP 9. Levarán a pleno mocións en tódolos concellos solicitando a rebaixa dos prezos e a transferencia da autoestrada a Galicia. O BNG denuncia o agravio que supón para Galicia a suba dun catro por cento das peaxes da AP 9 de cara ó próximo anos. Ante esta situación, os nacionalistas seguen a reclamar a transferencia da autoestrada, iniciativa que impulsaron no parlamento galego e que contou co respaldo unánime da cámara. Lembran ademais que as reiteradas subas do tempo da concesión motivaron que se chegase ó máximo legal de setenta e cinco anos. Por estas razóns levarán unha moción a tódolos concellos en contra da suba das peaxes e a favor da transferencia da concesión da AP9.
Inicio BARBANZA