Os ximnasios e piscinas ‘recuperan’ a súa actividade de xeito progresivo

RIANXO> O aumento da capacidade nas instalacións e a perda do medo a posibles novos contaxios, provoca que cada vez sexan máis as persoas que se achegan de novos ós centros deportivos, atendendo ás recomendacións das propias autoridades sanitarias, que insisten na importancia de facer deporte.

Pouco a  pouco os ximnasios e as piscinas van retomando a súa ‘normalidade’. Despois de meses pechados, cada vez son máis as persoas que se achegan a estes centros, recuperando a súa confianza e retomando a actividade física.

A mellora da situación epidemeolóxica, o ritmo alto de vacinación e a rebaixa dos niveis de restricións axudan tamén a esta recuperación.

Os ximnasios e piscinas seguen a ser lugares seguros, onde se cumpre escrupulosamente coas medidas hixiénico-sanitarias en vigor, polo que se pode realizarse actividade física sen ningún medo ó contaxio.

Moitas destas instalacións aproveitan agora tamén esa mellora dos datos, para aumentar os seus servizos e renovar as súas ofertas.

E visto o visto, xa non hai escusas, polo que só resta apuntarse a facer deporte. A túa saúde está en xogo.