O BNG acusa ó goberno municipal de pasividade en relación aos recortes no IES Número 1

RIBEIRA> Os nacionalistas anunciaron esta mañá que levaran este asunto ó vindeiro pleno, asiícomo tamén ó Parlamento, a través do seu grupo parlamentario, ó considerar que de saír adiante suporía unha importante merma na calidade educatica no municipio.

Para o BNG os problemas no IES Número 1 son un novo exemplo do escaso interese da Xunta polo ensino público, que se traduce no peche de aulas e na redución do profesorado, coa conseguinte merma da calidade educativa. Ante esta situación os nacionalistas critican tamén a pasividade do Concello que se pon de perfil e non defende como debera os intereses da veciñanza.

O BNG levará tamén este asunto ó Parlamento. A deputada, Rosana Pérez, solicitará a volta ós niveis de persoal pre-covid no centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí