O alcalde sonense ve na polémica un claro cariz político

polemicaruaescamas3_100_221009.jpgPORTO DO SON> O alcalde sonense tamén saíu en defensa dos técnicos que redactaron o proxecto, afirmando ademais que sempre se buscou o máximo consenso posible.

{flowplayer}barbanza/polemicaruaescamas3.flv{/flowplayer}

Ademais no lugar realizouse unha demostración cun vehículo, evidenciando unha perfecta accesibilidade ós aparcamentos soterrados alí existentes. Dende o equipo redactor do proxecto sinalouse que unha vez realizado o plan se levaron a cabo numerosas probas para determinar que a rúa das Escamas, que agora vai a ser peonil, permitira a entrada dos vehículos ós garaxes, así como o dun vehículo de emerxencias.

Ilegalidade

Así mesmo tamén afirmaron que a entrada do garaxe central, que pertence a varios dos veciños agora preocupados, incumpre tódalas normativas aplicables, non só no tamaño e número de prazas, senón na excesiva pendente da rampa de saída e na ausencia do obrigado espazo horizontal de desebarque.

Accesos discapacitados

Dende o equipo redactor tamén aseguraron que o proxecto, en contra do que manifestan os veciños, contempla dous accesos para persoas con algún tipo de discapadidade física.

Redacción Barbanza