Unha comedia en prol da utilización do galego na sociedade

    comedia_bifida_copia100.jpgVILAGARCÍA> O Concelleiro de Cultura de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón, presentou esta mañá a obra Comedia Bífida que se representará no auditorio o martes.

    {flowplayer}images/salnes/COMEDIA_BIFIDA.flv{/flowplayer} 

    A peza representarase para alumnos de entre 13 e 16 anos, calcúlase que uns 1.200 acudirán os dous pases. Dende a área de Cultura do Concello, destacan que esta obra non só ten carácter educativo senón que se espera ter unha transcendencia en toda a sociedade.

    A través da concellería de Educación, aportarase tódolos medios posibles para que os rapaces podan acudir á representación.

    A obra desenvólvese durante o Xuízo Final. Os mortos son xulgados pola súa actitude na vida a prol ou en contra da lingua propia, neste caso o galego. Trátase de profondizar nos prexuízos que temos contra a nosa lingua. A directora da compañía Nobicarelo Teatro afirmou que a obra estase acollendo moi ben.

     A peza teatral conta co apoio da editorial Galaxia, que puxo en marcha unha campaña en prol do uso do galego

    O próximo martes, Vilagarcía converterase na capital da defensa do galego en tódolos ámbitos sociais.

    Redacción Salnés