A campaña de Nadal da ABE repartirá máis de dous mil euros en premios

BOIRO> Arranca a campaña comercial de Nadal da ABE que se prolongará dende hoxe ata o 15 de xaneiro.

E faino con importantes novidades.

Algunha delas garda relación co aumento dos sorteos de premios co obxectivo de incentivar as compras nestas datas no comercio local e fidelizar tamén ós clientes.

Sortearanse dous mil euros en bonos ABE e 4 lotes de produtos da praza de Abastos.

Pero sen dúbida o premio estrela será o sorteo final dun único vale de mil euros para gastar nas tendas asociadas.

Outra das novidades da campaña será a entrega dunhas dúas mil bolsas de algodón orgánico que contan coa etiqueta de comercio xusto.

Este ano a entidade decidiu instalar tamén un photocall e un buzón á entrada da praza de abastos.

Alí os nenos poderán facerse fotos e entregar as súas cartas para Papa Noel e os Reis Magos. Entre todas as que se reciban farase tamén un sorteo de tres lotes de xogos.

Dende o Concello, que colabora tamén coa iniciativa, agardan unha campaña exitosa, que axude a incrementar as vendas e atraer máis visitantes ó municipio ó longo destas datas.

E para aqueles que aínda non teñan claro o que agasallar este Nadal, dende a ABE dan unha pista: Regala Boiro!!