Novas Xeracións de Vilagarcía organiza un partido solidario de fútbol sala

41

VILAGARCÍA > As Novas Xeracións do PP de Vilagarcía queren facer chegar á mocidade a necesidade de ser solidarios con aqueles que menos teñen. Para iso, organizaron para este sábado un encontro de fútbol-sala entre eles e os seus compañeiros do PP vilagarcían. Dende o colectivo xuvenil fan tamén un chamamento á participación de todo aquel que queira colaborar, independentemente da súa afinidade cos populares. O partido, que se vai celebrar en Fontecarmoa, ten un fin solidario: reunir alimentos non perecedoiros para o Comedor de Cáritas de Vilagarcía. Dende Cáritas agradecen o xesto dos rapaces de Novas Xeracións e salientan a marea de solidariedade que demostra a comarca co comedor. E é que, segundo indican, a lista dos colectivos que fan chegar alimentos ó centro é moi ampla.