![]()
BARBANZA> O voceiro popular no Parlamento, Manuel Ruíz admitiu que o proxecto de macropolígono da Barbanza está en fase de reformulación.
Dende a agrupación do Partido Popular, o seu voceiro no Parlamento, Manuel Ruíz Rivas, aclarou os motivos que levaron ao goberno autonómico a non incluir nos Orzamentos de 2010 o proxecto do macropolígono na Barbanza.
{flowplayer}/barbanza/crisexesturmacropoligono.flv{/flowplayer}
Segundo explicou, a crise económica e o escaso marxe de beneficio que está a obter a sociedade Xestur, encargada de xestionar a venda de parcelas nos polígonos galegos, levou ao executivo ao replantearse o proxecto dos polígonos industriais en toda a comunidade galega.
Malia todo, Ruiz Rivas dixo que a creación dun polígono comarcal non caerá no esquecemento, xa que se trata dun infraestrutura necesaria na Barbanza. Anunciou que en vindeiros días manterá unha xuntanza co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo para estudiar a viabilidade do proxecto e ver a fórmula e execución máis axeitada.
Con todo, o deputado popular engadiu, que o que non fará o goberno autonómico é prometer actuacións que despois, cando chega a época de “vacas flacas”, son imposibles de cumprir. O voceiro popular culpou a anterior goberno bipartito de non aproveitar os anos de bonanza económica para executar o polígono comarcal e esixir agora resultados cando se está atravesan unha forte recesión económica.
Críticas do BNG
Pola súa banda, dende o BNG da Barbanza non agocharon a súa preocupación porque nos Orzamentos Autonómicos para o 2010 non apareza consignada unha partida para a contrución do macropolígono da Barbanza. Para os nacionalistas a paralización deste proxecto supón un “grave erro porque pecha as portas ao crecemento industrial e o avance económico da comarca”.
A intención do actual executivo da Xunta, engaden os nacionalista é “gardar a documentación xa tramitada deste proxecto no fondo dun caixón” por tratarse dunha actuación promovida polo goberno bipartito.
Redacción Barbanza








