MEAÑO> Mercar en Meaño nestas dúas semanas poden ter premio. Hai moitas posibilidades de que as compras…
{flowplayer}images/salnes/merca_rua_dena.flv{/flowplayer}
… realizadas nos establecementos asociados deste Concello poidan facerse cun dos 20 premios de cen euros ou dos tres de cento cincuenta cos que agasalla a campaña Merca na Rúa, unha iniciativa conxunta da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, destinada a dinamizar o comercio de proximidade gracias ós fondos FEDER.
Para entrar neste sorteo abonda con realizar as compras nos establecementos asociados e logo depositar o tiket cos datos nunha urna coma esta.
A partir de aí hai que confiar na sorte porque hai moitos premios a repartir neste concello. Amais, con estas compras todos saen gañando en Meaño porque ó mercarlle ós veciños a riqueza queda no pobo.
Conscientes de que a unión fai a forza, cada día son máis os comerciantes meañeses que se asocian a Corazón de Meaño, polas moitas ventaxas que aporta fronte a crise, nun dos poucos concellos do noso país no que os establecementos que abren son máis que os que pechan.
Outros concellos que están adheridos a esta campaña son os de Bueu, O Rosal, Sanxenxo e a Illa de Arousa.
Redacción Salnés