O Belén de Valga abre as portas na súa trixésima edición cunha homenaxe aos afectados pola DINA de Valencia

VALGA> O Nadal xa está inaugurado no concello de Valga. Xa está aberto ao público o Belén Artesanal en Movemento do municipio, que este ano celebra a súa edición número 30. Fai cunhas 4.500 pezas que recrean os acontecementos de maior relevancia social, política e deportiva do último ano. Tamén reservando un espazo a modo de homenaxe aos afectados pola DINA de Valencia.

Ao redor de 400 metros cadrados nos que dende a parroquia de Campaña, no concello de Valga, 4.500 pezas feitas de xeito artesanal repasan o que deu de si o último ano en todo o mundo. Xa está aberto ao público o Belén Artesanal en Movemento.

Declarado de Interese Turístico de Galicia, este particular nacemento celebra o seu trixésimo aniversario. Como novidade, este ano incorpora o recordo da Eurocopa, con Lamine Yamal e Nico Williams, os Xogos Olímpicos de París cos medallistas españois ou o regreso de Puigdemont a España. Pero quizais o espazo máis especial deste Belén é o reservado á homenaxe aos afectados pola DINA de Valencia.

O belén xa se pode visitar de xeito totalmente gratuíto. Permanecerá aberto ao público ata o domingo 12 de xaneiro, co obxectivo de superar as máis de 45.000 visitas que recibiu no ano pasado.

Este ano, a asociación Amigos do Belén repetirá a súa tómbola solidaria. Será o vindeiro sábado 7 de decembro e a recadación destinarase de xeito íntegro aos afectados pola DINA.