EU tacha a Fole de carteirista ante a previsión de suba de impostos

    VILAGARCIA> Esquerda Unida vai a presentar tres mocións no vindeiro pleno municipal de Vilagarcía para evitar a suba de impostos especialmente a do IBI. Amais, chama á mobilización popular para que se informen e se opoñan a esta medida que vai a supoñer un gravame medio anual por familia, segundo eles, de máis de 1.269 euros. Esquerda Unida denuncia un novo atraco á veciñanza de Vilagarcía tras ofrecer datos contradictorios cos achegados fai uns días polo Goberno Municipal. Segundo eles, a cantidade media de impostos e taxas anual que vai a ter que achegar cada veciño o ano que ven é de máis de 1.269 euros, o que implica unha suba do 4,33 %; máis do dobre do anunciado por Ravella. O quid da cuestión estaría na revisión catastral que implicará un incremento na práctica do 65 % nos vindeiros 10 anos, o que podería supoñer unha suba do 6.5 % nos recibos xa o ano que ven. Este partido presentará tres mocións no vindeiro pleno para reclamar que non se agobie con taxas á cidadanía, especialmente nestes tempos nos que un de cada catro vilagarciáns non ten emprego, e deses, o 60 % non percibe prestación algunha. Piden pois ós veciños que acudan á vindeira sesión plenaria a informarse e a facer valer os seus dereitos. Esquerda Unida cre que esta recadación que formula o PP é para contar con maior solvencia nos dous últimos anos de mandato, con vistas ás próximas eleccións. Apuntilla Esquerda Unida que cal vai a ser a actuación de IVIL agora como socio de goberno, cando prometeran en campaña que se opoñían á suba de impostos. Aínda máis, denuncia Fajardo que o Executivo Local está a gastar os cartos públicos en devolver créditos a banca no canto de investir no beneficio dos cidadáns. Asegura que se están a embargar contas por impagos ó Concello de veciños con serios problemas acreditados de solvencia. É mais, di que contrataron á empresa Tributos y Gestiones, S.L. que cobra das arcas municipais por perseguir ós vilagarciáns que non pagan. Uns termos que xa puntualizaron desde o Goberno Local asegurando que é unha práctica destinada ás empresas que se ven facendo desde o 2007 e, respecto ós embargos, o Executivo Vilagarcián asegura que só chegou a executar 123 no último exercicio nun censo de 25.000 persoas. Amais, apuntan que existen numerosas fórmulas de exencións, bonificacións ou aprazamentos para aqueles que non son quen de cumprir cas súas obrigacións tributarias. O Concello contraatacou acusando á Esquerda de facer a vista gorda durante o bipartito anterior no que se deixou unha débeda por impagos de 3.5 millóns de euros que xa prescribiran. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/eu.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/EU_VILAGARCIA_IMPOSTOS_231013.mp4{/flowplayer}