As obras de Xoán XXIII poderían rematar en primavera

    xoan23_100.jpgO GROVE> A reforma da rúa Xoán XXIII podería estar rematada para primavera. A lo menos, este foi o compromiso …

    {flowplayer}images/salnes/touris_grove.flv{/flowplayer}

    O GROVE> A reforma da rúa Xoán XXIII, unha das entradas principais do Grove, podería estar rematada para primavera. A lo menos, este foi o compromiso adquirido polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, na reunión que tivo esta tarde no Grove coa asociación de veciños afectados. Os plans da empresa son rematar as obras en xuño e os veciños piden máis axilidade.

    As obras estiveron paradas nas últimas semanas para non entorpecer o tráfico durante a festa do Marisco, pero xa están de novo en marcha. Os veciños agradeceron a colaboración da Xunta, que permitiu unha ampliación de presuposto de 209 mil euros para seguir coa obra, e tamén as negociacións feitas polo Concello cos propietarios afectados.

    O presidente do colectivo veciñal aproveitou para lembrarlle as autoridades outras prioridades do barrio, como o saneamento en Tenente Domínguez, o acondicionamento do parque da Graña e un paseo entre as pontes da Toxa e A Graña.

    Redacción Salnés