O BNG denuncia a falla de austeridade dos orzamentos da Xunta

    bng_venres_100.jpgVILAGARCIA> O Deputado Parlamentario Bieito Lobeira, e o responsable comarcal do Salnés, Xoán Antonio Allegue López fixeron un repaso…

    {flowplayer}images/salnes/231009_bng_orzamentos_xunta.flv{/flowplayer}

    …. pormenorizado a proposta de orzamentos do goberno galego para o vindeiro ano 2010. Entre outras cousas, criticaron duramente á falla de medidas concretas para frear a crise económica.

    Os nacionalistas aseguran que neste documento económico non hai austeridade senón recortes impensables en eidos básicos para a cidadanía. Desde o BNG denuncian que os presupostos están cheos de incongruencias e partidas infladas e ficticias para xustificar a falla de investimentos no Salnés. Un dos grandes sectores básicos que se van a ver prexudicados con esta proposta económica é o pesqueiro; posto que sofre un recorte do 23,3 % en tódolos eidos, salvo na acuicultura.

    Neste senso, aseguran que o goberno do PP propón partidas feitas a imaxe e semellante da empresa Pescanova. Desde o BNG denuncian o importante endebedamento que vai a supoñer este prantexamento; un aumento da débeda que non se sostén de ningún xeito baixo a tese dun burato negro herdado. Asemade, os nacionalistas apuntan a que habería que fuxir do incremento da débeda e apostar por políticas decididas como a subida de impostos ós axentes que máis ingresan ou arriscarse cambiando a lei de caixas galegas un creando unha banca pública autonómica.

    Redacción Salnés