Pecha ó tráfico a estrada lateral dos Xardíns de Ravella

    ruapeonilravella copia.jpg VILAGARCÍA> A vía converterase en peonil. O martes suspenderase tamén a circulación nin tramo da rúa San José por obras na rede de Gas Natural.

    A partir de hoxe xa non se pode circular pola estrada que linda coas Xardíns de Ravella. A conversión en peonil desta vía obriga a eliminar as prazas de aparcamento coas que conta e só se permitirá o acceso a vehículos de carga e descarga, emerxencias, así como os dos residentes que teñan os seus garaxes na zona. Desde o concello aseguran que a peonalización desta estrada non causará excesivas molestias no tráfico rodado, posto que seguirá en funcionamento o circuíto de entrada de coches desde a rúa Arapiles cara o último tramo de Ramón y Cajal, vías que darán tamén acceso á avenida Juan Carlos I ou Gumersindo Nartallo.

    Pero esta non será a única modificación do tráfico que se produza estes días no casco urbano. Desde o martes prohibirase o paso de vehículos no tramo que vai dos números 1 ó 5 da rúa San José. Neste caso o peche será temporal, previsiblemente ata finais de semana, e obrigado pola necesidade de acometer unhas obras de canalización da rede de abastecemento de Gas Natural.

    A Policía Local pide ós veciños que cooperen retirando os seus coches das zonas afectadas con anterioridade ó peche das mesmas.

    Redacción Salnés