A Audiencia inicia mañá o xuízo polo crime dos primos Feijóo

    previa_xuizo_crime_dos_feijoo100.jpgCAMBADOS> A Audiencia Provincial de Pontevedra acolle desde mañá o xuízo polo crime dos primos Ricardo e José Ángel Feijóo .

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_XUIZO_CRIME_DOS_FEIJOO.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> A Audiencia Provincial de Pontevedra acolle desde mañá o xuízo polo crime de Ricardo Feijóo Vázquez e José Ángel Feijóo Abal.

    A morte destes dous primos de Cambados a finais de 2005 conmocionou á sociedade arousá pola extrema violencia coa que se cometeu. Na noite do 2 de decembro os dous homes foron conducidos pola forza a un vello muíño abandonado entre Serantellos, en Castrelo, e Meaño. Alí matáronos de varios disparos e logo prendéronlle lume ós cadáveres.

    As vistas inícianse mañá ás dez na sección cuarta da Audiencia e prolongaranse ata o vindeiro día 15. No banco dos acusados sentaranse catro persoas, pero faltan outros tres. A Audiencia Provincial considera que os brasileiros Alexandre Carvalho e Wesley dos Santos participaron no asasinato, pero atópanse escapados da xustiza. Tampouco estará Javier González Rodríguez, tras aparecer morto en Marrocos en circunstancias violentas en febreiro do ano pasado. Este cambadés tería escollido o lugar onde mataron ós primos Feijóo. Os procesados son José Manuel Lacunza, un hostaleiro vasco, considerado o cerebro da operación; o coruñés José Manuel Lata Couceiro e dous franceses. En total piden para eles 173 anos de prisión e indemnizacións de 285 mil euros para as familias.

    As investigacións apuntan a que Lacunza ordenou a morte de Ricardo Feijóo porque este se quedara cun alixo de 500 quilos de cocaína que esperaba o hostaleiro vasco. A pistola coa que se cometeu o crime apareceu na casa de Javier González, en Castrelo, e a gasolina coa que se queimou os cadáveres foi comprada en Corvillón por un dos franceses. Cando Ricardo Feijóo foi abordado polos sicarios, ía acompañado do seu primo José Ángel, que correu a mesma sorte.

    Redacción Salnés