Comezan en Portonovo as obras de renovación de máis de 30 rúas

    portonovoreforma_100_060307.jpgPONTEVEDRA >  A vila de Portonovo é o escenario do Plan de Humanización do casco urbano da vila. Os traballos de mellora

    …afectarán a 33 rúas do lugar e desenvolveranse en varias fases. Deste xeito intentárase reducir as molestias destas obras, que alargaranse durante varios meses. Máis de tres millóns de euros é o orzamento destinado a mellorar o aspecto e os servicios de 33 rúas de Portonovo.

    Durante os vindeiros meses renováranse os pavimentos existentes por outros de maior resistencia e durabilidade. Os tendidos de telefonía, electricidade e alumado discorrerán baixo terra cando as obras rematen. Outro dos obxectivos deste plan é renovar os servicios urbanos de saneamento e abastecemento. O concello asegura que son obsoletas e insuficientes. Dende o concello de Sanxenxo a alcaldesa pediu paciencia os veciños xa que trátase dunha empresa moi importante para a vila.

    Ademais buscarase unha estética homoxénea para realzar a beleza destas máis de 33 rúas. Algunhas delas son: a rúa O progreso, Belavista, Sixilo, Unión, Independencia, Espiñeiro, Areal ou a rúa da Paz, entre outras.

     Redacción Salnés