VILAGARCÍA> O PP presentou hoxe no Concello unha proposta de Plan Integral de Ordenación das zonas de terrazas e veladores.
{flowplayer}images/salnes/fole.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía presentou hoxe no Concello unha proposta de Plan Integral de Ordenación das zonas de terrazas e veladores. O PP pide que este plan se financie cos catro millóns de euros do proxecto Luz Salgada que, segundo Tomás Fole, inda están pendentes de gastar e se corre o risco de perder.
O plan dos populares implicaría unha reforma ornamental e de deseño das rúas máis hostaleiras como A Baldosa, Méndez Núñez, O Castro e A Marina. A idea é de unificar con consenso a imaxe da cidade nas zonas consideradas tradicionalmente turísticas. O PP propón que cos fondos de Luz Salgada, se costee a colocación dos toldos nas terrazas en tódolos casos, despois de que os técnicos elaboren un proxecto sobre como homoxeneizar e embelecer estas zonas. Os propietarios, pola súa banda, terían que asumir a compra de mobiliario acorde a esa nova imaxe.
A proposta chega ó Concello na mesma semana que se debaterá en pleno a ordenanza municipal de terrazas. Para Fole, esta normativa é necesaria pero inda así presentará alegacións parciais. O PP esixe unha zonificación urbana, licencias anuais, un listado de obrigas para o titular e a creación dunha comisión de seguimento entre Concello e hostaleiros.
Redacción Salnés