![]()
RIBADUMIA> Entre outubro e novembro, os cativos do CEIP Julia Becerra Malvar tomarán conciencia da importancia de valores como o repeto e tolerancia.
{flowplayer}images/salnes/271009_talleres_igualdade.flv{/flowplayer}
Concello de Ribadumia e Servizo Galego de Igualdade colaboran na organización do taller sobre Igualdade que se comezou a impartir no CEIP Julia Becerra Malvar de Ribadumia. Está dirixido ós alumnos de secundaria. En total participarán 200 rapaces de aulas seleccionadas de xeito aleatorio. Con eles traballará unha monitora especializada que tratará, mediante clases teóricas e prácticas, de concienciar ós cativos da importancia de conseguir unha sociedade plenamente igualitaria.
Este taller desenvolverase nunha primeira quenda entre os meses de outubro e novembro, e logo, nunha segunda volta entre febreiro e marzo. Cada clase terá unha duración de cincuenta minutos, tempo no que se intentará espertar a conciencia social dos cativos.
Ademais deste obradoiro de Igualdade, o concello ten previsto poñer en marcha outras actividades socias similares durante o curso, como un novo taller sobre Violencia de Xénero.
Redacción Salnés







