Abanca e o concello de Meaño colaboran para ensinar aos máis maiores a utilizar os caixeiros

MEAÑO> Abanca e o concello de Meaño colaboran coa celebración dun curso para ensinar aos máis maiores a utilizar os caixeiros automáticos. Os interesados puideron recibir un clase teórica e outra práctica de como funciona a banca dixital. Con este curso preténdese que os máis maiores non queden excluídos coas novas tecnoloxías.

A fenda dixital é un dos problemas que máis afecta á xente maior. Esta problemática queda patente nun dos sectores que máis se está dixitalizando como é a banca. Os peches das sucursais supoñían moitas complicacións para os que descoñecen o uso das novas tecnoloxías. Para loitar contra esta fenda dixital, Abacan e o concello de Meaño colaboraron coa realización dun curso para ensinar á veciñanza a utilizar un caixeiro e a banca virtual.

O curso consistiu nunha clase teórica e a continuación as probas prácticas nun caixeiro automático.

Dende Moaña destacan a importancia deste aprendizaxe para que a xente maior non quede excluída.

Os participantes agradeceron a información recibida e lembráronse das comisión.

Os participantes tamén recibiron un manual coas temáticas explicadas na clase teórica para que poidan resolver as súas dúbidas por eles mesmos unha vez rematado o curso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí