Grupo Junquera e Viajes Interrías retoman a senda do triunfo

futbolsala250_271009.jpgSALNÉS> Bos resultados para os conxuntos do Salnés de futbol sala nas súas respectivas ligas, xa que tanto Viajes Interrías como Grupo Junquera foron quen de vencer.

O Grupo Junquera semella que por fin tira cara arriba e faino despois de sumar a súa segunda victoria consecutiva ante un rival de entidade. Se a semana pasada impuxéronse ó líder a domicilio, ésta a víctima foi un Boston Ourense que inciaba a xornada segundo.

Os vilagarciáns, como xa soe ser habitual foron os que levaron o ritmo e o peso do encontro, controlando o balón e impedindo a saída do seu adversario cunha presión que se iniciaba nos tres cuartos de cancha. Así, puxéronse por diante mediada a primeira parte e aínda que os visitantes empataron fóronse 2-1 arriba ó descanso con tantos de Sesar e Andrés.

Xa na segunda metade, dous goles de Fran nos primeiros comapses déronlle-la vantaxe suficiente como para afrontar con tranquilidade os derradeiros minutos. Jaime redondearía o marcador final (5-2).

Quinto é o Grupo Junquera na xeral, 10 puntos sumados en seis partidos aínda que ten por detrás varios equipos cun partido menos que poderían superarlle.

Unha categoría por enriba, en 1ªA, o Viajes Interrías sumou tres puntos importantes ante o Torre de los Reyes, ó que venceu a domicilio por 4-6. Victoria que lles deixa respirar, quedarse en metade de táboa e afundir un pouquiño máis a un rival pola salvación. Un triunfo baseado na gran remontada feita ne segunda parte (perdían 4-1 no 28′) e que de seguro dálles moral ós portonoveses que terán que recibir a semana que ven en Baltar a un rival máis que coñecido, o Caloto, co que se queren tomar a revancha da derrota que lle inflixiron en pretemporada. Os lucenses son outro equipo que loita pola permanencia.

Redacción Salnés