As inscricións na ‘Pontevedra Non Stop’ poderán realizarse ata o próximo día 21

PONTEVEDRA> A proba para BTT terá lugar o próximo tres de outubro está organizada por Global DXT, en colaboración co concello e o club ciclista ‘A Roda do Demo’. A área do Pontillón do Castro será escenario o próximo tres de outubro da segunda edición da Pontevedra Non Stop de BTT, unha proba organizada por Global DXT, que conta coa colaboración do concello pontevedrés e o club ciclista ‘A Roda do Demo’. Trátase dunha cita deportiva cun carácter non competitivo en si, na que os participantes deberán completar unha distancia de dez quilómetros tratando de dar o maior número de voltas ó trazado. A participación poderá realizarse de xeito individual ou por equipos, formados por dous, tres ou máis corredores. A principal novidade deste ano é que ademais da categoría doce horas incorporase outra de seis, ca finalidade de atraer a maior número de participantes, así como tamén a persoas con discapacidade. As persoas interesadas en participar nesta proba terán de tempo ata o próximo 21 de setembro para realizar a inscrición. Deberán facelo a través da páxina web www.globaldxt.com. Na actualidade xa hai inscritos uns douscentos corredores cun máximo establecido nos cincocentos participantes.