Feijóo:”O porto de Vilagarcía é a referencia económica de O Salnés”

    feijoo_copia.100jpg.jpgVILAGARCÍA> O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou o Porto de Vilagarcía de Arousa.

     {flowplayer}images/salnes/FEIJOO.flv{/flowplayer}

    A visita do xefe do executivo autonómico, centrouse en comprobar a infraestucturas do porto como punto estratéxico para o desenvolvemento de Vilagarcía. O presidente da autoridade portuaria, sentenciou que o seu obxectivo é incrementar a competitividade do sector portuario galego.

    Pola súa parte, Alberto Núñez Feijóo afirmou que é necesario un grande apoio ó porto vilagarcián porque é o punto de referencia da economía de O Salnés.

    Así mesmo, o presidente da Xunta declarou que é necesario que tódolos portos de Galicia deben traballar xuntos, complementándose. Con elo, anunciou unha inversión de más de 4.200.000.000 millóns de euros en infraestruturas portuarias para a comunidade dentro do plan 210-2013 horizonte 2015.

    Para Feijóo outro dos puntos de desenvolvemento económico de Vilagarcía é o hospital comarcal. Manteu o compromiso de ampliar os orzamentos para o complexo sanitario en 1.000.000 euros máis. Do mesmo modo espera que o ano que ven comecen as obras das urxencias e ampliala calidade e capacidade do hospital.

    Redacción Salnés